Telegrama: Resultado “xoves de tortas”

Non tiven en conta o fútbol como elemento distorsionador do particular combate de onte pola noite: 46,5% na prórroga, o máis visto despois dos debates Zapatero-Rajoy.

Con respecto ó resto (pola disparidade horaria e pola emisión de resumos ou capítulos previos nalgún caso é difícil facer a comparación cunha única cifra):

– El síndrome de Ulises: 17,4%
– La señora: 16,9% (resumen previo 10,2%)
– La que se avecina: 13,4%

– Entre fantasmas:  8,2% (1º cap.) – 13,2% (2º cap.)
– Prison Break: 2,7% (cap. repetido) – 5,4% (nova tempada)

Como dicía, creo que é necesario ver o conxunto sen circunstancias especiais coma o fútbol (máxime neste caso, cunha prórroga de infarto) e o efecto arrastre que puido exercer sobre El síndrome de Ulises, pero, mesmo así, o resultado de La que se avecina é moi pobre para Telecinco. Creo que as porcentaxes variarán, pero, de non haber reubicación nas grellas, as posicións manteranse. Lástima non ter os datos para Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *