Unan1mous

Probablemente comece na semana próxima o novo reality de Antena 3 Unan1mous, un formato creado por Lincoln Hiatt, J.D. Roth e Todd Nelson e estreado hai meses pola Fox. En España a produtora é Globomedia.
A mecánica do concurso é simple: nove persoas pechadas nun búnker que teñen que decidir por unanimidade cal deles vai levar o premio indivisible de 1 millón de euros. Isto é, ata que escollan qué persoa leva os cartos o concurso non remata (salvo que o “remate” a audiencia) e canto máis tempo tarden en decidir menos cartos leva o vencedor.

Sinto unha tremenda curiosidade polo xeito en que se desenvolverá o concurso (inda que é previsible que comencen máis pronto que tarde a tirarse os trastos), pola reacción que a audiencia poida ter ante este novo reality-game -que creo que é a terminoloxía máis axeitada para referirse a este tipo de formatos- e ante o tipo de estratexias que desenvolverá os concursantes para convencer ó resto. En fin, toda unha clase de relacións públicas heterodoxas.

“Los concursantes desarrollarán su actividad dentro de un búnker construido por el programa en el que no tendrán referencias temporales de ningún tipo. No sabrán ni la hora que es, ni cuánto tiempo ha transcurrido desde su entrada en el mismo, ni tan siquiera si es de día o de noche en cada momento.

Sus necesidades básicas estarán cubiertas por la organización del programa. Sólo tendrán una función que hacer durante su estancia en el búnker: convencer a ocho compañeros/rivales de que uno mismo necesita más el dinero que el resto. ¿Difícil? Sí., pero un millón de euros es mucho dinero…” [+] ler máis en vertele.com ou en wikipedia.

Pregunta retórica 1: ¿Será Antena 3 capaz de lograr o seu primeiro éxito nos reality-games?

Persoalmente creo que Cambio Radical terá máis éxito: levan tempo preparando a súa estrea e vendéndoo coma unha especie de “servizo social” que axuda a xente con problemas e complexos, tentando apartalo da compoñente totalmente frívola que ten o programa. A compaixón vende moito neste tipo de espazos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *