Nos últimos días o meu Mister Wong estase a nutrir de novas relacionadas coa campaña electoral (para que andarnos con eufemismos e con prefixos innecesarios?) polo que, aparecendo xa no WongRoll do lateral deste blogue (ese que ninguén ve), non adoito comentar nin ligar nada sobre o tema.
Sen embargo, considero que este artigo é interesante porque contén a valoración, por parte de profesionais do sector, da última proposta “publicitaria” do PSOE.
Por certo, a campaña é obra de Sra. Rushmore.
Deixa unha resposta